Sor
Desde Nordés Faladora sinalan: “como ben sabedes, a pandemia cambiou a nosa forma de vida neste último ano e medio en moitos aspectos, sendo no campo das relacións sociais onde podemos dicir que o prexuízo foi maior, limitando a interacción entre persoas que tan necesaria é para os seres humanos en xeral e para as crianzas en particular. Unha das consecuencias das restricións sanitarias foi a interrupción das actividades lúdico-pedagóxicas que Nordés viña organizando regularmente en colaboración cos colexios de O Vicedo e Mañón ata a chegada da COVID-19”.
E subliñan que “agora, coa case total desaparición das restricións, é o momento en que Nordés volve a propoñer a realización de actividades nas que desexamos contar coa participación da rapazada xunto coas súas familias e así recuperar dinámicas relacionadas coa natureza e a súa...
leer másA asociación Nordés organiza este sábado, 18 de xullo, unha actividade titulada Petiscos do Camiño dos Arrieiros co fin de recoñecer polo miúdo a vida actual e pasada do trazado e os seus arredores.
A xornada desenvolverase de 9:00 a 14:00 horas e percorrerá diferentes puntos de interese dunha parte do trazado do Camiño dos Arrieiros entre As Pontes e As Grañas do Sor, como son a praza da Igrexa das Pontes, o miradoiro de Garabatos, as fervenzas de Somede, o lugar do Freixo, o Forno dos Mouros e o Cristo de Mouraz. Participarán nesta xornada Xosé María López Fernández, técnico en xestión cultural de Cultureume SC; Antonio Martínez Pernas, técnico superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais; e Pepe Riola, investigador etnográfico das serras da Capelada e a Faladora.
A saída será ás 8:30 horas do...
leer más