Forestais

Etiquetas:
12/03/2020

Apaga programa unha nova acción formativa, que terá lugar este sábado, 14 de marzo, ás seis da tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo. Está organizada por Agacal, coa colaboración de Apaga. A xornada está destinada ás empresas forestais da comarca e na mesma abordarase a implantación do ciclo de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural así como outras accións de formación continua dentro da familia profesional agraria.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “é unha xornada convocada por Agacal, que é un departamento de Medio Rural dedicado ao tema de formación principalmente. Pretende a reunión xuntar a todas as empresas do sector forestal da zona coa idea de implantar toda unha serie de ensinanzas, desde un ciclo medio de forestais a outro tipo de actividades de...

leer más
Etiquetas:
14/03/2017

Nordés organiza unhas xornadas que pretenden ser un punto de inflexión para a esta zona. “Dende o século XIX o eucalipto comeza a expandirse pola zona costeira do Ortegal e A Mariña substituíndo ao bosque autóctono e aquelas parcelas dedicadas a cultivos e pastoreo que quedan sen uso. A rendabilidade económica do eucalipto ante outras especies fixo que na paisaxe costeira se convertese no rei. Mais.. Por qué? Era realmente a única alternativa? Existen hoxe en día outras que beneficie a propietarios e medio ambiente? A quen é favorable a lexislación actual? Como deberíamos interpretala?”, sinalan desde Nordés. 

Os organizadores explican que “para responder a estas preguntas e achegar a toda a poboación as posibilidades que existen hoxe en día en canto ao aproveitamento do noso monte, organizamos as seguintes charlas para a xornada do sábado...

leer más