EMMeD
Alumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará A Bailarina do Mar para alumnado de educación primaria dos centros educativos da vila. En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 28 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo en sesión dobre: ás 10 e ás 11:30 horas.
Segundo explica o responsable do centro, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”. E engade: “é un pracer ofertar este tipo de actividades aos centros educativos, como complemento á súa...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores 19 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.
Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, corda, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do festival de Nadal que a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebrará o 13 de decembro, tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.
Desde o vindeiro venres, 1 de xullo, e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD no curso 2022/2023 para o novo alumnado.
Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova queda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 8 e 12 de maio ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do mércores día 10, de clarinete e saxofón, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
-Luns 8 de maio – Canto (Escola).
-Martes 9 de maio – gaita e Percusión Tradicional (Escola).
-Mércores 10 de maio – Clarinete e Saxofón (Cine-Teatro).
-Xoves 11 de maio – Guitarra (Escola).
-Venres 12 de maio – Piano (Escola).
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) organiza actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 31 de marzo e 7 de abril ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do venres, 31 de marzo, de danza, que será no Auditorio e a do martes 4 de abril, de vento metal, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
Venres 31 de marzo – Danza clásica e moderna (Auditorio)
Luns 3 de abril – Frauta e oboe (Escola)
Martes 4 de abril – Vento metal (Cine-Teatro)
Mércores 5 de abril – Acordeón e Corda (Escola) .
Venres 7 de abril – Percusión (Escola).
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que...
leer más











