Folletos
A Asociación de Hostelería de Barreiros acaba de editar un folleto turístico en formatos papel e dixital para promover os atractivos turísticos do municipio e do entorno.
Trátase dunha publicación de catro corpos, plegable que presenta Barreiros como destino turístico -dentro do xeodestino A Mariña Lucense- comunicando os valores que o diferencian, como a súa historia, a súa costa paradisíaca ou un interior rico e diverso atravesado polo Camiño de Santiago do Norte e con espazos tan emblemáticos dentro de A Mariña, como son a Fervenza do Santo Estevo do Ermo, o círculo lítico A Roda ou o monte Comado.
O ano pasado, a asociación elaborou tamén un cartel en cartón pluma que permitía acceder -a través de códigos QR- ás webs dos establecementos asociados e a outros elementos de interese como ás páxinas de reservas da...
leer másO Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, reparte diferentes recursos informativos por varios establecementos hostaleiros da Mariña.
O Goberno local mindoniense proporciona, así, información directa a aquelas persoas que visiten restaurantes, hoteis ou casas de turismo rural de distintos puntos da comarca co obxectivo de“dar a coñecer os nosos recursos históricos, arquitectónicos, culturais, etnográficos e naturais”.Entre eles atópanse a Cova do Rei Cintolo, a Catedral de Mondoñedo, os obradoiros artesáns do barrio dos Muíños ou o roteiro Leiras Pulpeiro.
Polo momento, xa contan con esta nova información turística de Mondoñedo no restaurante Asador, Boavista, Louzao, El Millón, Nito e Hotel Ego; ademais de distintas casas de turismo rural da zona.
A alcaldesa, Elena...
leer másNo salón de plenos do Concello presentáronse esta mañá os folletos turísticos denominados Roteiro pola historia de Ribadeo, e nos que se recollen os debuxos e textos das máis de 30 placas de Sargadelos colocadas en rúas, prazas e lugares de Ribadeo. Están editados en catro idiomas: inglés, francés, español e galego e estarán á venda na Oficina de Turismo ao prezo de 1,50 euros. A primeira tirada é de 1.200 exemplares. No acto participaron o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o arquitecto municipal Carlos Longarela, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que “isto é algo moi importante para reafirmarnos como un pobo que leva aquí moitos séculos, que ten moita historia e que moitas veces o tempo vai pasando e as xeracións que van vindo non saben nada do que outras deixaron atrás....
leer más