El Viejo Pancho

13/09/2024

Un filme sobre o poeta ribadense El Viejo Pancho, dirixido por Xan Leira, será presentado en Ribadeo e noutros sete concellos da provincia de Lugo neste mes de setembro.

Xan Leira anuncia: “durante o presente mes de setembro imos presentar o filme documental O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata en Ribadeo e noutros 7 concellos das comarcas da Mariña Oriental, Central e Chantada, grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Nestas estreas e presentacións con coloquio vou estar acompañado por Pablo Rodríguez "Vivín" (investigador, escritor e libreiro de Ribadeo) quen tamén colaborou coa investigación e prestou testemuño no documental. As persoas que participaron deste filme son investigadores e coñecedores da biografía e obra xornalística e literaria de José Alonso y Trelles "O Vello Pancho": Pablo...

leer más
24/07/2024

Ribadeo renderá homenaxe esta fin de semana ao Viejo Pancho. Haberá teatro, música e ofrenda floral, entre outras actividades.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar os actos centrais da conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho. Como preludio hoxe presentamos unha páxina web elviejopancho.org, financiada pola Secretaría Xeral de Emigración e na que podemos atopar a biografía do autor, imaxes, a pegada que deixou na música e na prensa e actividades que na actualidade se vinculan co Viejo Pancho”.

A edil ribadense relatou que “o sábado ás 20:30 horas no auditorio municipal o Grupo de Teatro de Ribadeo poñerá en escena El rigor de las desdichas, juguete cómico en un acto, original y en verso. A continuación no quiosco do parque ás 21:30 horas...

leer más
19/06/2024

Pablo Rodríguez (Vivin) presentará su libro titulado “El Viejo Pancho, de Ribadeo a El Tala pasando por Navia” este viernes, 21 de junio, a las 20:00 horas en el Teatro ribadense.

La organización del evento anuncia que el acto será presentado por el periodista y especialista en temas migratorios Martín Fernández Vizoso , que es uno de los colaboradores de la publicación. Y también intervendrán Ramiro Rodríguez Bausero (Cónsul General de la República Oriental del Uruguay), Pablo Rodríguez Fernández, Vivin (autor de libro), Valentín de Torres Solanot del Pino (responsable de la empresa E2 IN2), Antonio Andina Penabad (de Eoditorial), Eduardo Gutiérrez Fernández (cronista oficial de Ribadeo), Marcelino Fernández Santiago (del Consello da Cultura), Daniel García Fernández (de la Deputación de Lugo), Ana Isabel Fernández García (alcaldesa de...

leer más
09/05/2024

O Concello de Ribadeo programa actividades para celebrar o centenario da morte do poeta ribadense-uruguaio El Viejo Pancho, que naceu un día 7 de maio e faleceu un 28 de xullo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Este conmemoración xa comezou coa exposición 100 anos sen El Viejo Pancho, preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos aqueles que o desexen pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para...

leer más