Un paseo polo labirinto

21/10/2025

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que o profesor Pepe Otero presentará este sábado, día 25 de outubro, o seu novo libro, titulado Un paseo polo labirinto. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 12.30 horas.

Nesta presentación intervirán Darío Villanueva, que foi director da Real Academia Española, e o escritor Ramón Reimunde, ademais do propio autor do libro.

A recadación da venda deste exemplar será doada aos servizos sociais do Concello de Foz.

Colaboran nesta iniciativa as librerías locais Bahía, Ofifoz e Rapadoira.