Festa. Normanda
A XIV Festa Normanda de Foz, que se celebrará desde o día 27 ata o 30 de agosto, foi presentada este xoves.
A deputada provincial de Cultura Iria Castro participou na presentación do cartel, obra de Diego Núñez. “A imaxe do deseñador focense, que se articula arredor das formas do báculo do bispo Gonzalo e da proa dunha embarcación de guerra normanda (drakkar), promocionará esta festa de recreación histórica na que se escenifica a resistencia da poboación local, encabeza polo bispo Gonzalo, ás invasións normandas”, explica a Vicepresidencia da Deputación.
Iria Castro valorou a Festa Normanda de Foz como “unha celebración do patrimonio inmaterial, un legado que temos que seguir conservando para as seguintes xeracións porque construíron a nosa identidade, a que recrea a lenda do bispo Gonzalo, un relato entre a historia e a imaxinación que se transmitiu...
leer más



