Vrao

Etiquetas:
06/11/2024

O libro titulado Vrao, do que é autor o xornalista e escritor coruñés Lois Alcayde Dans e as ilustracións son de Lucía Escrigas Rodríguez, será presentado en Ribadeo este venres, día 8 de novembro, ás 20:00 horas.

O acto, que se desenvolverá  no Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, será presentado polo investigador, profesor e crítico literario mindoniense Armando Requeixo.

Etiquetas:
04/08/2023

Esta mañá presentouse no Cenima de Foz a segunda edición do festival Vrao Sons Independentes, que se celebrará o día 12 deste mes, sábado, na praza Conde de Fontao da vila focega.

O promotor do festival, Antonio Paz, explicou: “despois do éxito acadado o ano pasado creemos que este formato de festival chegou para quedar e proba diso é o apoio institucional recibido por parte principalmente do Concello de Foz, a Deputación de Lugo e a ACIA; e desde a organización non podemos estar máis agradecidos a estas institucións por permitirmos seguir promocionando a cultura musical realizada na nosa terra”.

E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destacou a variedade de programación que promove o Concello de Foz durante a tempada de verán e fóra dela: “estamos a falar de todo tipo de actividades, probas deportivas, actuacións de...

leer más
Etiquetas:
16/06/2022

O Concello de Foz reinicia o festival VRAO, que se converterá “no mellor escenario da música independente galega. O Concello reúne o 13 e 14 de agosto unha selección dos mellores artistas da escena musical independente da nosa comunidade”, anunciaron o alcalde, Fran Cajoto e a concelleira de Cultura, Inés López, que presentaron o evento hoxe, xoves. 

Fran Cajoto e Inés López destacaron que “o  festival VRAO presentará nas rúas focegas os espectáculos de grandes bandas coma Dios ke te crew, Ortiga, Grande Amore ou Familia Caamagno. Tamén intervirán Momboi, Macheta Supahsound, Vilouta dj e Músculo! dj set. O Festival VRAO é a gran aposta da localidade cara aos creadores musicais galegos e os eventos culturais de calidade. Todas as actuacións do festival VRAO realizaranse nunha carpa habilitada na Praza Conde de Fontao, no porto de Foz, os...

leer más
Etiquetas:
15/06/2016
En Foz celébrase unha nova edición do festival VRAO Sons Independentes. 25 proxectos musicais actuarán ao longo dos 5 sábados do mes de xullo.
 
Ó! Cultural está de volta cunha nova edición de VRAO Sons Independentes. Unha vez máis e nesa ansia renovadora e de cambio, quixemos darlle un xiro ao concepto, polo que este ano adoptamos forma de ciclo de concertos.
 
En lugar de concentrar a acción, dispersámola como unha bomba cultural de racimo e, ao longo dos cinco sábados do vindeiro mes de xullo, pasarán por Foz un total de 25 proxectos musicais da actual escena independente galega.
 
2 de xullo no Escenario O Muelle: MATAR GENTE, THE LÁKAZANS, NAVE NODRIZA e MÚSCULO!
 
9 de xullo no Escenario Rente Ao Mar: PEÑA, MUSEL...
leer más
Etiquetas:
25/06/2015
Foz acollerá infinidade de actividades culturais este verán. Unha delas é o Festival Vrao que terá lugar os días 10 e 11 de xullo.
 
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a ampla e variada oferta cultural, festiva e de ocio que terá o municipio nesta tempada estival grazas ao traballo de numerosos colectivos locais e do propio Concello. Entre as actividades previstas está o festival Vrao, que se celebrará os días 10 e 11 de xullo e o programa foi presentado hoxe.
O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz queremos agradecer á asociación Ó! Cultural a organización da segunda edición do festival Vrao, de Foz, os días 10 e 11 de xullo. Entrará dentro do programa das festas do Carme e dentro da programación do verán, na que colabora e organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Cultura. É unha alternativa máis de música, apartado no que se empezará xa nos primeiros...
leer más