receitario
“A gastronomía é un elemento singular na identidade dun territorio, polo que recuperala, coñecela e difundila é un exercicio que enriquece e achega recursos propios para medrar de maneira sostible”, destaca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. E neste contexto, foi presentado en Barreiros o Receitario básico da cociña tradicional da Mariña, un libro que recolle unha parte da riqueza gastronómica deste xeodestino a través de diferentes elaboracións culinarias. A publicación foi promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no contexto do proxecto Turismo Slow Norte de Galicia e en colaboración co Colectivo de Gastronomía de Galicia no marco dos convenios anuais de colaboración en turismo coa Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. “O seu obxectivo é poñer en valor as materias primas e as súas elaboracións máis vencelladas ao...
leer más



