Cocina
A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro titulado Alquimia na cociña, que se celebrará o 7 de novembro ás 16:00 horas na Praza de Abastos da vila.
A duración do curso será dunhas tres horas e media e para poder asistir é necesario estar empadroad@ en Burela. As persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, na Praza de Abastos, ou a través do número de teléfono 647 136 673. As prazas son limitadas.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo: ¿preguntácheste algunha vez por qué algunhas persoas sempre teñen frías as mans ou os pés, outros arrefríanse con facilidade ou incluso precisan unha cervexa para relaxarse?”.
A edil burelesa explicou que “neste curso descubrirase como facer alquimia na cociña e na vida utilizando ferramentas que todos temos. Abordarase...
leer másA iniciativa Cociñando A Mariña Lucense, posta en marcha pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, lanza un concurso de vídeo-receitas para o público xeral despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio durante case un mes. O certame desenvolverase do 23 de outubro ao 22 de novembro e haberá interesantes premios para os tres gañadores.
Desde a Mancomunidade explican que “o obxectivo desta iniciativa no seu conxunto, pasa por posicionar a comarca como referente do turismo gastronómico e por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía local. Trátase dunha acción de resposta á actual crise sanitaria que está a sufrir o sector, apostando por revitalizar os recursos endóxenos e situar á comarca como un...
leer másO CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, que se celebrará do 14 ao 16 de febreiro. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán propostas elaboradas con ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz desde mañá, día 13, e ata o vindeiro domingo, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros.
Por outra banda, moitos establecementos hostaleiros contarán con menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e...
leer másO CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15 e 16 deste mes. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
As tapas afrodisíacas foron presentadas por Moncho Castro, de Anduriña; Ángeles Piñeiro, de Xoyma; e Rubén Rodríguez, de Tangarte.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz do 13 ao 16 de febreiro, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros. A presentación neste caso correu a cargo de...
leer másA campaña “Restaurantes contra el Hambre” é a maior iniciativa solidaria da hostalería en España, promovida por Acción contra el Hambre en colaboración coa Federación Española de Hostalería, que ademais este ano cumpre o seu décimo aniversario.
A casa de xantar “As Tixolas” (Covas-Viveiro) é, segundo o mapa de colaboradores da web oficial da campaña (https://www.accioncontraelhambre.org/acciones/restaurantescontraelhambre...), o único restaurante participante en toda a provincia de Lugo, mentres que hai outros dezasete locais que tamén colaboran en toda Galicia.
O menú solidario que ofrece As Tixolas consta de 4 pratos, postre, café de pota e chupito, todo por 20 euros. O menú, que se renova cada poucas...
leer másLa Llapada Bar Sushi Restaurante, que hasta ahora estaba en la localidad asturiana de Navia, se traslada a Ribadeo con su cocinero, el argentino Niko Basile, y su tapeo canalla. Desde hoy, viernes, ofrece sus especialidades de cocina japonesa en El Desván del Fumarel. Esta iniciativa gastronómica es fruto de un acuerdo entre ambos establecimientos hosteleros, que cuentan con la colaboración de las marcas Estrella Galicia, Schweppes, champagne Mumm y cerveza Peroni.
Durante este verano de jueves a domingo y de nueve a doce de la noche en El Desván del Fumarel pueden degustarse los platos estrella de La Llapada, como diferentes preparaciones de sushi y también tartar de atún rojo y de salmón, dimsum, entre otros platos elaborados por Niko Basile. El sushi también lo preparan para llevar a casa. Es necesario reservar con antelación a través...
leer másO Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdense contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o custo final para as familias de 55 euros por nen@ e mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán. O prazo de inscrición remata o 26 de xuño e pode realizarse nas oficinas municipais ou na biblioteca do Concello”.
Manuel Arango engade que “tal é como aparecía no programa electoral dos socialistas de Lourenzá, as Escolas de Verán e de Nadal son unha das...
leer más