
O IES de Foz organiza un concurso de familia para familias que se desenvolverá o día 28 de abril, martes de 19:00 a 21:00 horas.
Para inscribirse as persoas interesadas deben dirixirse ao IES de Foz (teléfono 982.87.02.87). As prazas son limitadas.
OE IES de Foz explica que esta iniciativa “forma parte da REGAPS (Rede Galega de Promoción da Saúde), coa que colaboramos en conxunto cos centros públicos escolares, centro de saúde e Concello de Foz, co fin de ofrecer propostas saudables para a poboación e educación para a saúde. Anímate a aprender algunha proposta saudable para eses días nos que non sabes que cociñar”.


