Skate
A pista de skate de Ribadeo será escenario mañá, sábado, do Go Skateboarding Day 2024. Haberá actividades didácticas e deportivas entre as 9:30 e as 23:30 horas. A xornada está organizada por Aloha Natura, que conta coa colaboración do Concello.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “aínda que o día internacional do skate se celebra hoxe mesmo, os organizadores decidiron pospoñer a data en Ribadeo ata mañá para favorecer que se acheguen rapazas e rapaces de toda A Mariña e do Occidente asturiano, que xa remataron o curso escolar”.
O edil ribadense explicou que “haberá clases de skate dirixidas a xoves que queiran realizar esta práctica deportiva por primeira vez e tamén para persoas que desexen mellorar as súas habilidades e a técnica do skateboarding. O número máximo de participantes...
leer másEste sábado, 20 de xullo, no bowl municipal do Parque Reina Sofía, en San Ciprián, terá lugar o Furancho Skate
A actividade está organizada polo Club Limosa Surf, coa colaboración do Concello de Cervo, entre outras entidades patrocinadoras.
A actividade, con inscrición de balde, comezará ás 15:00 horas co quecemento dos skaters freeride, ás 17:00 horas iniciaranse as tandas dos skaters; que se prolongarán durante toda a tarde. A entrega de agasallos está prevista para as 22:30 horas, e a continuación haberá concertos na Praza dos Campos.
Teléfono para información e inscrición: 659 92 54 59