Festas de San Xoán

12/06/2026

A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebrará as festas de San Xoán os días 13, 23 e 24 de xuño.

Estes festexos están organizados pola asociación cultural O Atrio de Vilaronte e as actividades comezarán este sábado, 13 de xuño, ás 19:30 horas co pregón a cargo de Pablo Cid Gómez (O Moucho); ás 20:00 horas actuará a A.C. Saíñas, de Xove; a partir das 21:00 horas haberá churrascada; e desde as 22:30 horas amenizará o evento o dúo Epok.

As festas continuarán o día 23 de xuño, martes, a partir das 22:30 horas cunha verbena amenizada polo grupo DKris e a orquestra Gran Parada.

E o mércores 24 de xuño ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará un tardeo. 

... leer más
22/06/2025

A parroquia de Covas, no concello de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Xoán Bautista desde o luns 23 ata o xoves 26 de xuño.

As actividades comezarán o luns cunha verbena amenizada polas orquestras Los Españoles e Los Satélites. Ademais ás 12 da noite acenderase unha gran lumeirada.

O martes ás 11 horas haberá pasacalles a cargo da Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu, da Deputación de Lugo; e a continuación haberá sesión vermú  coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto a Fania Blanco Show.

O mércores ás 11 horas haberá pasacalles do grupo Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 14 horas, sesión vermú coa orquestra Miramar; ás 20 horas,...

leer más
21/06/2025

A parroquia ribadense de Ove celebrará as festas na honra a San Xoán os días 23 e 24 de xuño, luns e martes.

As actividades comezarán o luns 23 ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada con viños gratis. E desde as 22:00 horas  haberá festa e verbena coa orquestra Costa Dorada e Disco Móvil Conxuro. Ademais acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.

E o martes 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. A sesión vermú estará amenizada pola Disco Móvil Conxuro.

A organización anuncia que haberá servizo de bar, amplo aparcamento e o campo da festa estará cuberto con carpa.