Vilaronte (Foz) celebrará as festas de San Xoán os días 13, 23 e 24 de xuño

A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebrará as festas de San Xoán os días 13, 23 e 24 de xuño.

Estes festexos están organizados pola asociación cultural O Atrio de Vilaronte e as actividades comezarán este sábado, 13 de xuño, ás 19:30 horas co pregón a cargo de Pablo Cid Gómez (O Moucho); ás 20:00 horas actuará a A.C. Saíñas, de Xove; a partir das 21:00 horas haberá churrascada; e desde as 22:30 horas amenizará o evento o dúo Epok.

As festas continuarán o día 23 de xuño, martes, a partir das 22:30 horas cunha verbena amenizada polo grupo DKris e a orquestra Gran Parada.

E o mércores 24 de xuño ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará un tardeo. 

Estas actividades terán lugar no atrio da igrexa de Vilaronte.