Fin de año
O Concello de Xove continúa coa súa programación cultural do Nadal 25-26 e convida a todos os nenos e nenas do municipio a participar na xa tradicional Festa Infantil de Fin de Ano, que se celebrará este mércores, día 31 de decembro, ás 11:00 horas no Pavillón Municipal.
“A xornada comezará cunha animada festa chea de música, xogos e actividades pensadas especialmente para que os máis pequenos da casa poidan despedir o ano dun xeito divertido e participativo. Ás 12.00 do mediodía, e sempre que o tempo o permita, está previsto que os nenos e nenas tomen as tradicionais uvas coas doce campanadas de mediodía, seguindo o reloxo da praza do Centro Cívico. Tras este momento simbólico, a celebración continuará dentro do pavillón con máis música e animación para pechar o ano cun bo ambiente festivo”, anuncia o Concello de Xove, que anima “aos máis...
leer másBurela celebrará unha festa de fin de ano na madrugada deste xoves, día 1 de xaneiro.
Está organizada polo Concello de Burela, que anuncia: “na noite de fin de ano despediremos o 2025 ao grande. De 00:30 a 05:30 bailaremos con Conxuro Discomóvil, que traerá os mellores éxitos de onte e de hoxe que recibamos o 2026 con festa e moita música. Ven á carpa da praza da Mariña para vivir un comezo de ano inesquecible en Burela!”.
O Club Baloncesto Celtas e o Club Deportivo Foz organizan unha festa de fin de ano que se celebrará na Sala Bahía. A apertura de portas será ás 01:00 horas do día 1 de xaneiro e a música correrá a cargo do grupo Los Coleguitas de Venezuela e do DJ Take Sound.
O custo das entradas é de 12 euros anticipada e 15 euros na taquilla; inclúe a entrada á festa, unha consumición, un vaso reutilizable, unha bolsa de cotillón e un número para un sorteo que farán esa noite.
O Concello de Riotorto, coa colaboración das asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
A entrada é gratuíta, haberá servizo de bar, estará amenizado coa música do dúo Estrellas e ás 05:30 horas repartirán chocolate gratis para todos os asistentes.
Burela celebrará unha Festa de Fin de Ano na madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
O Concello de Burela convida á veciñanza a súa Festa de Fin de Ano na Praza da Mariña: “celebraremos a chegada do 2025 de 0:30 a 5:30 horas, en compañía da música do dúo D'Vicio. Haberá carpa e a barra do bar estará xestionada polos socios e socias de ACIA Burela”.
A Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 28 de decembro, ás 19:30 horas.
O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado temos un concerto para despedir o ano! Ás 19:30 horas os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, de O Valadouro, farannos un concerto moi emotivo. Non o perdades”.
Cervo daralle a benvida ao 2024 cunha festa na Praza dos Campos, en San Ciprián. Na carpa alí instalada haberá animación musical a partir das 01:30 horas a cargo de Alma Latina e DJ Medusa.
O Casino de Mondoñedo celebrará un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada do luns, 1 de xaneiro, e contará con ambientación musical.
Para asistir hai que retirar as tarxetas ata este sábado, 30 de decembro, pola mañá. O prezo, que inclúe consumicións ata fin de existencias, para os socios do colectivo organizador é de 20 euros e os que non o son deberán pagar 25 euros.
A reserva de tarxetas pode facerse a través dos teléfonos 686.39.03.19, 609.28.01.91 ou 657.35.88.69.
O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade, unha festa denominada Feliz 2024. Será desde as doce e media da noite ata as cinco da madrugada do 1 de xaneiro na Praza da Mariña baixo carpa.
Haberá música en directo co dúo D´Vicio e un DJ e unha barra de bar xestionada por socios de ACIA Burela.
O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir este 2021.
A velada, que estará amenizada polo Dúo Sensación, dará comezo á unha da madrugada, a entrada será de balde e haberá servizo de bar. Ás 5:30 horas servirase un chocolate gratis para todos os asistentes.
A festa terá lugar no centro sociocultural e colaboran na súa organización as asociacións veciñais e culturais do municipio.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 346 222 ou na web www.concelloderiotorto.gal.












