Burela celebra unha Festa de Fin de Ano na madrugada deste mércores, 1 de xaneiro

Burela celebrará unha Festa de Fin de Ano na madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.

O Concello de Burela convida á veciñanza a súa Festa de Fin de Ano na Praza da Mariña: “celebraremos a chegada do 2025 de 0:30 a 5:30 horas, en compañía da música do dúo D'Vicio. Haberá carpa e a barra do bar estará xestionada polos socios e socias de ACIA Burela”.