Burela celebra unha festa de fin de ano na madrugada deste xoves, 1 de xaneiro

Burela celebrará unha festa de fin de ano na madrugada deste xoves, día 1 de xaneiro.

Está organizada polo Concello de Burela, que anuncia: “na noite de fin de ano despediremos o 2025 ao grande. De 00:30 a 05:30 bailaremos con Conxuro Discomóvil, que traerá os mellores éxitos de onte e de hoxe que recibamos o 2026 con festa e moita música. Ven á carpa da praza da Mariña para vivir un comezo de ano inesquecible en Burela!”.