O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir o 2021.

O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir este 2021.

A velada, que estará amenizada polo Dúo Sensación, dará comezo á unha da madrugada, a entrada será de balde e haberá servizo de bar. Ás 5:30 horas servirase un chocolate gratis para todos os asistentes.

A festa terá lugar no centro sociocultural e colaboran na súa organización as asociacións veciñais e culturais do municipio.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 346 222 ou na web www.concelloderiotorto.gal.