O Pasatempo
Este domingo, día 15 de xuño, ás 19:30 horas, o grupo Lîlâ Teatro presentará a súa nova obra, titulada Abra da Cabra, no auditorio mindoniense.
É unha actividade organizada pola asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo.
A terceira edición do Cocido Baile organizado pola asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, celebrarase o día 22 de febreiro, sábado. Serán na Finca San Antonio desde as 21:30 horas.
Haberá sorteos, premios ós mellores disfraces e música a cargo do dúo Épo-k e do Dj Vilariño (Eventec).
As entradas están á venda nos establecementos O Rincón, O Palique, Vinoteca Segundo, Bar Castro e Taberna de Galiana ata o 17 de febreiro. O prezo é de 38 euros.
A asociación cultural O Pasatempo anuncia que “este sábado, 28 de setembro, ás 19 horas no Auditorio de Mondoñedo, as nosas amigas de Lîlâ Teatro presentan a obra titulada Rara Avis”. Con entrada de balde.
“Disfruta dunha xornada teatral antes de As Vésperas dos nosos amigos do BreaSon!!!”, engade O Pasatempo.