Nerea Pallares

Etiquetas:
14/07/2026

A Librería Bahía, de Foz, acollerá o día 22 de xullo, mércores, ás 20:30 horas a presentación da novela titulada Punto de araña, da xornalista e escritora luguesa Nerea Pallares, gañadora do Premio García Barros 2025 e do Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de Narrativa. O acto celebrarase dentro do ciclo Contos e conversas e contará coa presenza da autora, que conversará co público arredor da obra. A entrada é libre ata completar o aforo.

Librería Bahía explica: “editada por Galaxia, Punto de araña é unha novela mariñeira e coral ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Tecida coas voces de tres xeracións de mulleres -palilleiras, redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira-, entrelaza realismo social, memoria colectiva e mitoloxía para reivindicar o papel das mulleres do mar e...

leer más