Corporacións

Etiquetas:
07/06/2025

O luns 23 de xuño en Foz o San Xoán celebrase da man da asociación Pé do Molete, coa colaboración do Concello de Foz e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O barrio das Corporacións, coma cada ano, terá a súa fogueira e haberá animación durante todo o día. O pregón darao Juan Prendes Menéndez, máis coñecido en Foz como Juanry, ás 13:30 horas. Logo haberá paella e á noite churrasco, chourizos e queimada coa tradicional fogueira. A xornada estará amenizada pola batukada Kombarullo, O Feitizo, Dj da casa e Festicultores.

“Dende o Concello de Foz queremos agradecer a boa disposición das asociacións coma Pé do Molete que continúan coas tradicións dos barrios do pobo”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “a de San Xoán é unha noite máxica que dá inicio ao...

leer más