Rasca e Gaña
Ata o 19 de outubro Acisa Ribadeo reparte máis de 100.000 premios na nova edición da campaña Rasca e Gaña deseñada para fomentar as compras no comercio local.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “a campaña arrincou o pasado 12 de setembro e prolongarase ata o 19 de outubro. O obxectivo pasa por potenciar as vendas neste período do ano tras o verán e coincidindo coa volta o cole. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo”.
Jesús Pérez, xerente de Acisa, indicou que “con este Rasca e Gaña tamén lle estamos dando as grazas á clientela de todo o ano, que segue confiando en nos e que seguen mercando en Ribadeo, a todas esas persoas que apostan polo noso comercio...
leer más