Raquel Queizás ofrecerá en Alfoz o espectáculo de contos “Begoña ao teléfono. A voz das heroínas”. Será este mércores, 13 de maio

Raquel Queizás ofrecerá en Alfoz o espectáculo de contos titulado Begoña ao teléfono. A voz das heroínas. Será este mércores, día 13 de maio, ás 15:00 horas na Casa da Cultura.

É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a contadora de contos Raquel Queizás visitará o noso concello. A través das súas historias coñeceremos a vida e a obra de Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026”.