Inscricións
O Concello de Trabada abrirá este martes, día 12 de maio, o prazo de inscrición para participar tanto no campamento de verán como no campamento xuvenil, dúas iniciativas que volverán desenvolverse durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de xuño. Ambos campamentos celebraranse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O campamento de verán está dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022, mentres que o campamento xuvenil está enfocado á mocidade nacida entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.
Desde o Concello destacan “a elevada participación que o campamento de verán vén rexistrando nos últimos anos, consolidándose como unha das actividades máis demandadas polas familias...
leer másA XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 13 de setembro. Esta edición chega con novidades no percorrido debido ás obras da rúa Buenos Aires. As inscricións para participar abriranse o 16 de abril ás 10 da mañá.
O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décima primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 13 de setembro. As inscricións abriranse a vindeira semana, o 16 de abril ás 10 da mañá”.
O edil ribadense subliñou que “esta edición presenta novidades nos dous primeiros quilómetros debido ás obras que se acometerán na rúa Buenos Aires, e que nos obrigan a modificar a saída. A Media Maratón Ribadeo-As Catedrais partirá do Parque de San Francisco por Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, San Roque, Virgen del Camino, Avenida de Galicia, José...
leer más




