economía social

07/10/2025

O Concello presenta Ribadeo en Rede, unha serie de encontros e actividades que terán lugar os vindeiros días 11 e 12 de outubro, sábado e domingo.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explica que “esta mostra, na que se poderá disfrutar da gastronomía, de obradoiros, de música, así como tamén do mercado de produtos da nosa terra, está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Sucadoira e coa Rede EuSumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, na que o Concello está integrada”.

A edil ribadense anuncia que “o programa dará comezo o sábado 11 cunha mesa redonda que levará por título Proxectos en Rede e que servirá para dar visibilidade aos proxectos e entidades que tecen redes e oportunidades no territorio”. Na mesa, que se celebrará na Praza de Abastos, participarán persoas de...

leer más