música de cine
A Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicará á música de cine o tradicional concerto de Santa Cecilia, que ofrecerá o día 22 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “despois dos meses de setembro e outubro con varias actuacións -en Vidal, en Barreiros, en Arante e en Narón- chega novembro, mes no que sempre facemos o concerto de Santa Cecilia, que é a patroa dos músicos. E este ano trasladamos a ese día, o 22 de novembro, o concerto de música de cine que facíamos habitualmente en agosto”.
David Ballester destaca que nesa actuación “todas as obras, a excepción dunha, van ser tocadas por primeira vez, o que creo que demostra un estado de saúde moi bo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. E vai ser un...
leer más



