Letras Galegas
A Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto dedicado ás Letras Galegas. Será na vila focega, concretamente na Praza Conde de Fontao, este sábado, día 23 de maio, ás 20:00 horas.
O Concello de Foz anuncia: “Este sábado temos unha cita moi especial coa nosa cultura galega: a Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto homenaxe á cultura galega na Praza Conde de Fontao”.
En caso de choiva a actuación trasladarase á Sala Bahía.
O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación cultural que inclúe literatura, tradición, música, maxia, teatro e actividades “participativas para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor a lingua galega e achegar a cultura á veciñanza dun xeito atractivo e diverso”. Desenvolverase ata o día 19 de maio.
Tamén anuncia que “unha das iniciativas destacadas será a intervención artística nalgúns pasos de peóns da vila, na que a Aula Medioambiental Gaia, persoal municipal da área de Obras e diferentes colectivos locais, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal, pintarán versos de autoras e autores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lina Gómez, “esta acción é unha maneira moi bonita de facer visible a nosa literatura no día a día....
leer másNa vila ribadense vanse desenvolver actos esta fin de semana con motivo das Letras Galegas, organizados pola Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL), e que contan coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Varios deles están dedicados a homenaxear ao músico Hernán Naval con motivo do 25 aniversario do seu falecemento.
“Desde o venres imos poder visitar, na Escola de Música, a exposición dedicada a Hernán Naval. Vaise poder contemplar até o remate do curso na Escola de Música. Xa no sábado 16 ás 14 horas vai ser o xantar en homenaxe a Hernan Naval no Restaurante O Mariñeiro. Aínda quedan algunhas prazas libres. Se alguén quixera inscribirse a última hora pode dispoñer dalgunhas tarxetas de invitación no Bar Cantón. E pola tarde, ás 19:00 horas terá lugar o concerto homenaxe a Hernán...
leer másO Concello de Viveiro desenvolverá entre os días 15 e 17 de maio un programa de actividades con motivo da celebración das Letras Galegas. A proposta inclúe obradoiros, conferencias, concertos, teatro e iniciativas de animación cultural en varios espazos do municipio.
A programación comezará o venres 15 de maio, ás 18.00 horas, cun obradoiro de letteringna Biblioteca Municipal, dirixido a público a partir de 7 anos. As inscricións poden realizarse no teléfono 982 570606 e as prazas son limitadas. Ás 19.30 horas celebraranse as II Xornadas de Violoncello, cunha conferencia de Adrián Pereiro, luthier, e a presentación do proxecto «Un chelo, catro historias», no salón de actos do Conservatorio. A xornada completarase ás 20.00 horas co acto homenaxe «Hernán Naval» no Teatro Pastor Díaz, organizado por Colectivo Pensamento e Sementeira.
... leer másPara celebrar o Día das Letras Galegas o Concello de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia para público familiar. Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello.
O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia.
Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa varios actos esta semana para celebrar o Día das Letras Galegas.
“Este domingo 17 celebraremos as nosas letras. É un día moi especial no que berramos orgullosos na nosa lingua. O seu uso no noso día a día faraa máis forte”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “a homenaxeada deste ano é Begoña Caamaño, unha escritora que por desgraza nos deixou moi nova, pero cunha obra moi bonita. E queremos mostrala con varios eventos para todos os públicos. O mércores 13 ás 18.30h no salón de actos da Casa da Cultura de Foz chegará a obra A gran viaxe das letras galegas, da compañía A Xanela do Maxín, un espectáculo que nos convida a embarcar nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se converten en pontes entre pasados distantes e presentes...
leer másO Concello de Barreiros convoca o Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2026, ao que se poden presentar traballos ata o día 15 de maio, venres.
“O 17 de maio celebraremos un día moi importante para as nosas letras e a nosa lingua, que é unha das riquezas máis importantes que posuímos, homenaxeando a Begoña Caamaño, unha muller que coa súa escrita e o seu compromiso feminista deunos unha nova forma de ollar a cultura. Begoña ensinounos que ler é tamén unha forma de entender quen somos e de imaxinar un mundo máis libre e xusto. Baixo o lema Medrar lendo a Biblioteca Municipal de Barreiros abre o certame local para que as nenas e nenos do concello sexan os protagonistas. Queremos que nos contedes, con palabras ou debuxos, eses momentos especiais nos que un libro foi o voso compañeiro de viaxe e vos axudou a imaxinar novos...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza un evento para entregar os premios do seu concurso das Letras Galegas titulado Qué botas en falta no teu concello?. Será este sábado, día 31 de maio, ás 19:30 horas no Teatro Pastor Díaz e actuará o grupo folclórico Fol do Raxal, de Cervo.
O prezo das entradas é de 3 euros e recolleranse o mesmo sábado no Teatro a partir das 7 da tarde.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, anuncia: “o xoves 29 de maio ás 12:00 horas teremos con nós a Raquel Queizás para homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral”. Será co espectáculo de narración oral para nenas e nenos titulado A touporroutou, que terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz.
Ademais a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convocou un ano máis o certame de narración e debuxo polo Día das Letras Galegas e explica: “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens. Nenos e nenas ata os 16 anos, estamos esperando as vosas obras! Podedes...
leer másFran Rei ofrecerá o espectáculo titulado O conto de Barriga Verde no acto de entrega de premios do concurso das Letras Galegas de Alfoz o día 24 de maio, sábado, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
“Agardámosvos cunha divertida proposta para público infantil e familiar: O conto de Barriga Verde, da man de Fran Rei. Un espectáculo cheo de humor, maxia e tradición que fará as delicias dos máis pequenos e tamén dos maiores! Ao remate, terá lugar a entrega de premios do Concurso das Letras Galegas 2025. E todos os nenos e nenas asistentes recibirán un agasallo e un diploma pola súa participación!”, anuncia o Concello de Alfoz.












