Felisa e Montse
14/05/2025
O dúo Felisa e Montse, formado polas ex cantantes do grupo Leilía Montse Segade e Felisa Rivera, presentarán en Ribadeo o seu espectáculo titulado Axudádeme a cantar, no que interpretan coplas da tradición oral galega. Será este sábado, día 17 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
Anuncian que Axudádeme a cantar “pon en valor o patrimonio inmaterial da nosa historia: o cancioneiro popular galego”.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo.