Boas prácticas
A praia é o ecosistema natural de numerosas especies vexetais e animais. Agora que comeza a temporada estival e son moitas as persoas que se achegan a desfrutar das costas da Mariña Lucense é o momento perfecto para lembrar a necesidade de conciliar o uso recreativo das praias coa funcionalidade que cumpren como ecosistemas naturais e hábitat de moitas especies.
As praias da Mariña Lucense son lugares cheos de vida animal e vexetal que cómpre protexer para garantir a súa conservación. É tamén o caso das praias con sistema dunar, hábitat principal da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) un ave que en todo o litoral cantábrico español só ten presenza en Galicia, estando estritamente protexida mediante un plan específico de conservación.
Co obxectivo de informar e sensibilizar ás persoas usuarias das praias da...
leer más