Letras Galegas
O dúo Felisa e Montse, formado polas ex cantantes do grupo Leilía Montse Segade e Felisa Rivera, presentarán en Ribadeo o seu espectáculo titulado Axudádeme a cantar, no que interpretan coplas da tradición oral galega. Será este sábado, día 17 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
Anuncian que Axudádeme a cantar “pon en valor o patrimonio inmaterial da nosa historia: o cancioneiro popular galego”.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este venres, día 16 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da...
leer másO Concello de Burela prepara unha programación cultural especial con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebrará entre o xoves 15 e o sábado 17 de maio. As actividades abranguen encontros dirixidos á mocidade, unha presentación literaria, unha proxección audiovisual, teatro infantil e unha nova edición do Encontro de Palilleiras.
“O noso obxectivo foi deseñar unha programación diversa, que mestura tradición e creatividade e que conecta co público de todas as idades. Dende a mocidade ata as persoas maiores, todas teñen espazo nesta fin de semana pensada para poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura”, sinalou a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
Para comezar, o xoves 15 de maio ás 17:30 horas a Casa da Xuventude acollerá unha sesión do Grupo de Participación Adolescente (GPA), na que os mozos e mozas...
leer másO Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto da Escola Municipal de Música este venres, día 16 de maio, ás 17:00 horas no salón de actos da Escola Municipal de Música.
“Durante o acto recitaranse poemas e cancións do noso cancioneiro popular, interpretados por diversas agrupacións da Escola Municipal de Música”, anuncia o Concello de Burela, que ademais resalta “o gran traballo das cantareiras, que loitan a prol da nosa lingua, da nosa música e da nosa cultura”.
O Concello do Valadouro organiza un acto dedicado ás cantareiras e á tradición oral para celebrar as Letras Galegas. Será o venres 16 de maio no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:30 horas.
“Será moderado por Lionel Rexes, que facilitará o paso entre as actuacións realizando breves reseñas sobre a xornada e a tradición oral e as cantigas. Trémola Teatro ofrecerá os seus contos da avoa, que cando era nova xuntábase coas amigas para contar e cantar contos e cantigas. Historia popular feita música. E a asociación cultural Amado Lar estará representado polas cantareiras que ofrecerán varias pezas froito das recolleitas populares polas vilas e aldeas de Galicia”, anuncia o Concello do Valadouro, que engade: “nesta edición o Día das Letras Galegas 2025 está dedicado ás cantareiras, mulleres galegas fundamentais na preservación e transmisión...
leer másCo gallo da celebración das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, o espectáculo titulado Dende Rosalía ata as cantareiras (Letras Galegas 2025), a cargo da compañía de teatro A Xanela do Maxín. Será o día 14 de maio, mércores, ás 19 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.
A bibliotecaria municipal de Lourenzá, María José López Noceda, explica que “esta actividade, dirixida ao público infantil, pretende poñer en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía ata as cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura”.
O Concello de Viveiro vén de presentar o programa de actividades das Letras Galegas. Baixo o lema As cantareiras e a poesía popular, inclúen iniciativas de teatro, música e lectura. Serán os días 10, 16, 17 e 23 deste mes.
A primeira delas, a representación da obra Fala fala falangueira, terá lugar este sábado, ás seis da tarde, no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde ata completar o aforo. Fala fala falangueira será representada por Matrioska Teatro. Será dirixida por Gena Baamonde e contará coa interpretación de Chelo do Rejo e Anabell Gago, dúas das fundadoras da compañía.
O venres 16 terá lugar Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras. Ler conta moito na Biblioteca Municipal. Será ás seis da tarde, dirixida a público familiar, e a entrada será de balde ata completar o...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará catro obras no concerto das Letras Galegas que ofrecerá no auditorio Hernán Naval o día 16 de maio, venres, ás 20:30 horas.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da Banda...
leer másO auditorio da Casa da Cultura burelá acollerá un concerto, organizado dende a Coral Polifónica de Burela co gallo das Letras Galegas, este domingo, día 11 de maio, ás 19:00 horas. Ademais do grupo anfitrión actuarán as cantareiras de ACM Arume (Burela) e o Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro.
A Coral Polifónica de Burela explica que “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Elas foron elixidas como representantes de tantas mulleres anónimas que crearon, conservaron e transmitiron un grande legado, que xa é patrimonio inmaterial do país. Cabe sinalar que...
leer másCon motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Alfoz organiza un certame de narración e debuxo e un evento que se celebrará o día 17 de maio.
O Concello de Alfoz anuncia: “está aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025. Se es nena ou neno empadroado en Alfoz ou estudas no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro, esta é a túa oportunidade. Entrega de traballos, ata o 12 de maio, no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz”. As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 982.571. 270. O tema é Ler con coñecemento e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos”.
E o día 17 de maio, sábado, ás 19:00 horas celebrarán o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Alfoz cunha homenaxe á tradición oral,...
leer más












