Letras Galegas

11/05/2018

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.

Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.

 

09/05/2018

A Praza dos Campos será o escenario para conmemorar o Día das Letras Galegas, en San Ciprián.

O grupo A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo, está a organizar unha xornada cunha ampla programación para a tarde do mércores, 16 de maio.

A cita, presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da organización, comezará ás 18:30 horas con diferentes xogos tradicionais de balde dirixidos tanto aos nenos como aos adultos.

Ás 19:30 horas será a quenda da gastronomía a base de racións de panceta, chourizos e salchichas.

A tarde estará amenizada coa música do grupo local A Rebolaxe e da banda de gaitas de Burela Dambara; e ás 21:30 horas, porá o broche de ouro o grupo de música tradicional...

leer más
16/05/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Burela organiza un concerto de arpa celta con motivo do Día das Letras Galegas. A actuación correrá a cargo do grupo Lulavai e terá lugar no auditorio, o venres 19 de maio ás 21:00 horas.

As entradas para acudir a este concerto están á venta na Biblioteca Municipal ao prezo de 3 euros en anticipada e 5 euros en taquilla o mesmo día da actuación.

Lulavai é un grupo composto por catro mulleres, Lorena, Paula, Josefa e Elena, quen coas súas arpas e as súas voces teñen un estilo propio. Neste concerto presentan o seu segundo traballo discográfico titulado Lémbrame un soño composto por temas orixinais sen perder o referente da música tradicional e incluso clásica e jazz.

Estas intérpretes coñécense no ano 2005 cando formaban parte do grupo Sondeseu, baixo...

leer más
16/05/2017

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular ElenaCandia, será a encargada de darlle lectura mañá a un manifesto no que se recorda a relación entre o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Carlos Casares, e o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.

O Goberno local do Concello de Mondoñedo quere con este acto renderlle unha homenaxe a ambos os dous autores no Día das Letras Galegas. Con este obxectivo, a Biblioteca Pública Municipal abrirá en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, momento no que a alcaldesa dará lectura ao manifesto.

Así,  a rexedora aproveitará este acto para recordar a relación que uniu a ambos os autores, así como as numerosas veces que Casares escribiu sobre Cunqueiro, cuxas obras prologou en varias ocasións.

O Concello de Mondoñedo aproveita este acto tamén para...

leer más
16/05/2017

O Concello barreirense celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto, que se celebrará mañá, 17 de maio, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Dará comezo ás 19:30 horas e contará coa actuación da Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a Coral de Barreiros.

A actividade está organizada pola Concellería de Cultura. 

 

16/05/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 27 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da formación, David Ballester, salienta que este ano, coincidindo co 25 aniversario da creación da banda, homenaxearán ao seu primeiro director, Hernán Naval.

David Ballester anunciou que “o 27 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano coincide varios días máis tarde do 17 de maio debido a que a algúns dos músicos témolos agora de excursión de final de curso e outros están ocupados cos exames finais. Entón para poder ofrecer un mellor concerto decidimos aprazalo estes dez días”.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo explicou tamén que “o programa, como todos os anos neste...

leer más
15/05/2017

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ten lugar en Alfoz unha homenaxe ao escritor ao que se dedica este ano, Carlos Casares.

Os actos comezan ás 17:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz cunha conferencia de Lionel Rexes. Despois haberá un gran xogo sobre as Letras Galegas dentro do programa Ler conta moito e a actuación do Coro Virxe das Dores de Ferreira do Valadouro.

O programa continúa cunha representación teatral do grupo Bule-Bule tártaro fusión (Trangalleiros de Lourenzá e Raiolas de Alfoz) estreando a obra Xente con xente. Finalmente terá lugar a entrega de premios Trulasqui.

 

15/05/2017

O Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O mesmo mércores 17, ás 12:00 horas, ofrece unha actuación a Coral Alborada de Viveiro e o Grupo de Gaitas Brisas do Landro na praza da Fontenova. Ademais nos stands de libros das librerías Porta da Vila e Neira Brochs haberá recital de obras de Carlos Casares, escritor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

As actividades continúan o sábado 20 de maio, ás 12:00 horas, cun encontro interxeneracional de Contacontos na Biblioteca Pública de Viveiro onde residentes de Geriatros presentan A disparatada e alaranxada historia dun limpeiro en Viveiro, unha adaptación de Carlos Casares para público infantil. A entrada é gratuíta (previa recollida de entradas).

O domingo 21 de maio, ás 12:30 horas,...

leer más
13/05/2017

A Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro celebra o Día das Letras Galegas con diversos actos en torno á figura de Carlos Casares, os días 16 e 17 de maio.

O martes 16 ás 12:00 horas, Solle Felloza fará unha Viaxe ao mundo de Carlos Casares. Ás 15:30 horas terá lugar a entrega de diplomas do Certame de Narración e Debuxo Infantil O Valadouro 2017. 

O mércores 17, Día das Letras Galegas, ás 20:00 horas Lionel Rexes falará da Vida e Obra de Carlos Casares, ademais a Asociación Cultural Amado Lar interpretará cantigas populares galegas co grupo de cantareiras. Tamén o grupo A Adala Infantil de Fazouro representará a obra de teatro A rá que se quedo usen charco.

Todos estes actos desenvolveranse no salón de actos do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo...

leer más
13/05/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, celebrará o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, cun gran concerto a cargo de Guadi Galego, ex vocalista do grupo Berrogüeto e hoxe xa en solitario, un dos referentes do panorama musical galego.
A cita será ese día, mércores 17 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, e a entrada será, como é habitual na programación cultural do Concello, de balde.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentou esta tarde o evento, en compañía dos membros do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPim, que exercerán de “teloneiros” da artista, realizando unha homenaxe ao protagonista deste ano das Letras Galegas, Carlos Casares, sobre o que, tal e como apuntou Caramés “estamos a traballar intensamente estes días, con moitísimas ganas e ilusión por parte dos máis pequenos,...

leer más