Waterpolo
O Concello de Cervo anuncia que “continúa reforzando o seu compromiso co deporte base e a promoción das disciplinas acuáticas. Así a próxima fin de semana, os días 28 e 29 de xuño, a piscina municipal será o escenario dos Campionatos Galegos Infantil e Alevín Mixto de Waterpolo, organizados pola Federación Galega de Natación (FEGAN) en colaboración co propio Concello”.
Na presentación deste evento deportivo participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, David Rodríguez; e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, que “coincidiron en destacar a importancia de traer a Cervo unha competición deste nivel, que reunirá aos mellores clubs das categoría e que supón un recoñecemento á calidade das instalacións e á aposta polo deporte acuático no municipio”.
Os clubs participantes no campionato alevín...
leer másO concello de Cervo será o escenario por primeira vez esta fin de semana, sábado 12 e domingo 13 de abril, do campionato galego de Wáter-Polo Infantil Mixto de Inverno. A proba disputarase na piscina municipal olímpica.
O Concello de Cervo anuncia que este evento deportivo “atraerá esta fin de semana ao noso concello a máis de 120 deportistas, cos seus respectivos adestradores e familiares, procedentes de 9 clubs de toda Galicia: CW Pontevedra Masculino, CW Pontevedra Feminino, C Marina Ferrol, RCN de Vigo, CW Santiago A, CW Santiago B, CW As Mariñas, CW Coruña Rías Altas e CW Lugo. Dará comezo o sábado as 13:30 horas, cos partidos da primeira fase. O domingo a partir das 10:00 horas serán as finais”.
A proba foi presentada pola rexedora municipal de Cervo, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, David...
leer más