natación artística

29/06/2026

O Concello de Cervo e a Federación Galega de Natación presentaron os campus de verán que se celebrarán durante o mes de xullo na Piscina Municipal de Lieiro, “consolidando un ano máis ao municipio como un referente na organización de actividades vinculadas ás disciplinas acuáticas”. No acto participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, David Rodríguez; e o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, que puxeron en valor a excelente colaboración existente entre ambas institucións.

A alcaldesa destacou que “é unha satisfacción seguir traballando da man da Federación Galega de Natación para traer ao noso concello actividades deportivas de primeiro nivel. Esta colaboración continuada permite que Cervo sexa unha sede de referencia para o deporte base e para a formación dos mozos e...

leer más
27/03/2026

A piscina olímpica municipal de Cervo acolle un campus de natación artística, con actividades abertas ao público, desde este sábado, día 28 de marzo, ata o 1 de abril, mércores.

O Concello de Cervo anuncia que os horarios para o público son os seguintes: o sábado 28 de marzo, de 11:15 a 13:15 e de 16:30 a 19:00 horas; o luns 30 e o martes 31, de 10:00 a 12:30 e de 16:30 a 19:00 horas; e o mércores 1 de abril, de 10:00 a 12:30 e de 16:00 a 17:30 horas, cando será a exhibición final.