Vila de Cruces
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe para participar na Marcha Galega de Veteráns, que se celebrará en Vila de Cruces (Pontevedra) o día 21 de setembro, domingo.
“O domingo 21 de setembro terá lugar a Marcha Galega de Veteráns no concello de Vila de Cruces e só para federados. Será pola contorna do encoro de Portodemouros, cun percorrido de 17 quilómetros e cruzaremos en ferri o encoro”, anuncia o colectivo Os Sendeiros.
A saída, o propio domingo 21, desde Foz será ás 07:o0 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 45 euros.
O prazo para anotarse remata este venres, 12 de setembro, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico...
leer más