Letras Galegas
12/05/2015
A biblioteca pública municipal de Lourenzá acollerá este venres, día 15, ás 18:30 horas o espectáculo Cóntoche un traxe, a cargo de Montserrat Rivera, para conmemorar o Día das Letras Galegas.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou que “dende o Concello de Lourenzá vimos de presentar a actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas nesta edición de 2015. Vai ser este venres, 15 de maio, ás seis e media da tarde na biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou. É unha actividade para tódolos públicos, con acceso libre e trátase do espectáculo Cóntoche un traxe, que correrá a cargo de Monsterrat Rivera, unha das integrantes do grupo Leilía. Esta actividade chega ao noso concello a través do circuíto Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia...
leer más 22/04/2015
A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o II Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Un día na aldea”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará o venres, día 08 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral...
leer más 14/04/2015
O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2015. Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
BASES DO CONCURSO
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:
... leer más 19/02/2015
O Concello de Foz, a través da biblioteca pública municipal, organiza a Programación das Letras para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, e o Día das Letras Galegas, que é o 17 de maio.
O primeiro acto da programación será o denominado Rosalía nas Ondas, en colaboración con Radio Foz, que se desenvolverá o vindeiro martes, día 24 de febreiro, de 17 a 19 horas.
O sábado 7 de marzo ás 20 horas haberá o Festival dos Namorados, no que actuará o dúo do violinista Mijail Moriatov, que estará acompañado por un violonchelista e ofrecerá un concerto con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms. No mesmo acto entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor.
... leer más