
Fran Rei ofrecerá o espectáculo titulado O conto de Barriga Verde no acto de entrega de premios do concurso das Letras Galegas de Alfoz o día 24 de maio, sábado, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
“Agardámosvos cunha divertida proposta para público infantil e familiar: O conto de Barriga Verde, da man de Fran Rei. Un espectáculo cheo de humor, maxia e tradición que fará as delicias dos máis pequenos e tamén dos maiores! Ao remate, terá lugar a entrega de premios do Concurso das Letras Galegas 2025. E todos os nenos e nenas asistentes recibirán un agasallo e un diploma pola súa participación!”, anuncia o Concello de Alfoz.