bolsas
Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de mais de 21.000 unidades, que están dispoñibles gratuitamente para o comercio asociado.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 10.000 euros para a adquisición destes materias, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Con esta inversión puidemos editar mais de 21.000 unidades destas novas bolsas comerciais”.
E engadiu: “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados e asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de...
leer másAcisa está a repartir 20.000 bolsas entre as súas asociadas e asociados de comercio.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo reparte estes días 20.000 bolsas entre o comercio: “destinadas en parte á campaña de Nadal, pero tamén para o resto do ano. É un material que sempre se agradece moito”, explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
A presidenta do colectivo, Carmen Cruzado, dixo que “estas bolsas únense ás preto de 30.000 unidades de diversos materiais para a hostalaría, como son os envases e bolsas de comida para levar, bolsas para as botellas de viño ou os vasos térmicos”.
E subliñou: “agradecémoslle á Dirección Xeral de Comercio a súa axuda para contar con esta nova partida de 20.000 bolsas. Agardamos no futuro seguir mantendo esta colaboración e...
leer másAcisa reparte entre os seus asociados e asociadas nos vindeiros días arredor de 7.000 bolsas, tanto para comercio como para a hostalaría, mais de 12.000 metros de materias decorativos e 800 farolillos así como tarxetas de prezos e cartelería para as rebaixas.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano de cara o inicio o verán e tamén con motivo da celebración do Ribadeo Indiano, queremos facer un esforzo de cara os nosos asociados e entregarlles de forma totalmente gratuíta materiais de utilidade para eles. Nesta ocasión, en primeiro lugar repartiremos mais de 7.000 bolsas tanto de comercio como de comida para levar e de botellas de viño para hostalaría, entre os negocios que así o solicitaron previamente. Mantense o deseño que tiñamos no Nadal, xa que gustou moito. Deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados, que...
leer másAcisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta iniciativa realízase coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Nesta ocasión preséntanse en tres formatos: un para o comercio de tamaño mediano e bolsas para botellas de viño e comida para levar para a hostalaría.
O xerete de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregaremos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 12.000 euros do convenio do Concello de Ribadeo a este fin. Estamos diante da maior inversión en bolsas realizada nos últimos anos por Acisa, podendo así adquirir mais de 30.000 unidades, a cifra tamén mais alta dos últimos...
leer másAcisa reparte 15.000 bolsas entre os seus comercios asociados para a campaña de Nadal. Son biodegradables e dun único tamaño. As bolsas foron presentadas polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e por Manoli Torviso e Mª Antonia López, tesoureira e secretaria respectivamente do colectivo empresarial.
Iriarte explicou que “co obxectivo de seguir axudando aos asociados e asociadas, ademais de facer campañas de dinamización, sorteos, etc… tamén queremos axudarlles a aforrar custes na medida das nosas posibilidades. Po ese motivo e ao igual que xa fixemos noutras ocasións para este Nadal repartimos 15.000 novas bolsas de Acisa”.
Pérez engadiu que “nesta ocasión son bolsas dun único tamaño e seguindo as normas de sostibilidade...
leer másAcisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas 15.000 bolsas gratuítas para este Nadal. Por segunda vez este ano, a asociación de comerciantes presenta un novo modelo de bolsas.
Segundo explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “trátase de bolsas de cor verde, que foi a cor escollida nesta ocasión, cun deseño sinxelo e elegante. Na parte central sitúase unicamente o logotipo de Acisa, xunto ao da Xunta de Galicia, institución á que agradecemos a súa colaboración para contar con esta nova edición de bolsas. Na parte lateral figura tamén a marca Galicia, considerando que Ribadeo é porta de entrada á nosa comunidade”.
Pérez agarda que “moitas destas bolsas rematen en diferentes lugares do país grazas ao turismo. Son 15.000 unidades repartidas en tres tamaños: grandes, medianas e pequenas, que se...
leer más