A asociación O Castelo organiza en Alfoz un espectáculo de narración oral para o 29 de maio e convocou un certame polo Día das Letras Galegas

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, anuncia: “o xoves 29 de maio ás 12:00 horas teremos con nós a Raquel Queizás para homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral”. Será co espectáculo de narración oral para nenas e nenos titulado A touporroutou, que terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz.

Ademais a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convocou un ano máis o certame de narración e debuxo polo Día das Letras Galegas e explica: “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens. Nenos e nenas ata os 16 anos, estamos esperando as vosas obras! Podedes participar en dúas modalidades, narración e debuxo, ata o día 28 de maio. Poderedes entregar as vosas creacións na biblioteca municipal do concello de Alfoz ou envialas á seguinte dirección de correo electrónico: asociacion.ocastelo@gmail.com”.