Retos

15/12/2025

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística (PST), a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense desenvolveu un programa de accións que posicionou o territorio como un destino sostible e singular, o que lle valeu para atraer as miradas do sector e recibir o recoñecemento público ao seu labor.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, sinalou que “o esforzo realizado desde a Mancomunidade ten como obxectivo avanzar na consecución dun modelo turístico sostible, que xere valor para as persoas que nos visitan, pero tamén para a comunidade local, acadando un equilibrio beneficioso e enriquecedor para todos os axentes do sector”.
O PST, ademais doutras liñas de confinanciamento como convenios anuais, é a ferramenta que están permitindo impulsar a transformación turística do territorio poñendo como base o...

leer más