Librería Bahía
Este xoves, día 24 de abril, ás 20:30 horas estará na librería Bahía, de Foz, a autora Cecilia F. Santomé nun coloquio arredor da súa última novela, titulada As despedidas. O encontro enmárcase dentro das actividades que organizan desde o club de lectura A carón dos libros e está aberta para todo o público que queira asistir.
Cecilia F. Santomé é unha autora vilalbesa e esta é a súa terceira novela, na que aborda o momento da morte dun home maior e as relacións de familia que se mostran nese momento da despedida definitiva.
Por outra banda, o mércores día 23 de abril celébrase o Día do Libro polo que en Librería Bahía “durante todo o día os libros terán un 10% de desconto e, se o tempo o permite, sacaremos libros e música á rúa para celebralo”, anuncian.
Este xoves, día 10 de abril, ás 20:30 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a presentación do libro Pájaro Raíz, da escritora, narradora e psicóloga Lidia Luna.
En palabras da autora, Pájaro raíz “es un manojo de textos que nacen de la tierra para transformarse en agua; pájaro que alza el vuelo. Un regreso a la raíz del árbol genealógico y a la sabiduría profunda de la tierra; un rescate de historias ocultas, silenciadas, desde la composta de los huesos hasta la luz del día. Escritura que deviene oralidad, relatos y poemas; palabra escrita, voz que se ofrenda”.
Librería Bahía explica que “Pájaro raíz é un libro artesán, cosido a man, con debuxos orixinais en cada libro e que contén ademais un audio con lecturas e recitados da autora. Lidia Luna é escritora, narradora oral e psicóloga....
leer másA Librería Bahía, de Foz, acollerá este xoves, día 13 de marzo, ás 20:30 horas a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e publicada pola editorial Bolanda.
Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz.
A publicación titulada Guía micolóxica básica da provincia de Lugo será presentada na Librería Bahía, de Foz, o día 6 de novembro, mércores, ás 20:30 horas. Participarán no acto os seus autores, que son Julián Alonso Díaz, José Castro Ferreiro, María Cristina García-Echave Puente e Antonio Rigueiro Rodríguez.
Librería Bahía anuncia: “o vindeiro mércores, día 6 de novembro, acollemos na libraría Bahía a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo, en colaboración coa asociación Os Bolouros, de Foz, e a Asociación Micolóxica Lucus, de Lugo. Estarán con nós os autores. Trátase dunha guía sinxela para poder identificar con claridade as especies de cogomelos que podemos encontrar na nosa provincia, moi interesante, por tanto, tanto para quen xa son afeccionados á identificación de cogomelos, coma para quen queren introducirse...
leer másLibrería Bahía, de Foz, presenta o libro “O azul entre o ceo e a auga” nun encontro coa súa tradutora, Rocío Viéitez. Será o día 3 de xullo, mércores, ás 20:30 horas.
“O azul entre o ceo e a auga” é unha novela da autora palestina Suzan Abulhawa, traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro, quen ademais dirixe a colección Candemaia, galardonada co premio Follas Novas á iniciativa bibliográfica.
Librería Bahía anuncia que o próximo mércores, 3 de xullo, “teremos un encontro con Rocío para falarmos da novela e a súa tradución e de Candemaia. Non faltedes!”.