
Este xoves, día 5 de xuño, ás 20:30 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a presentación de dous libros: O Villa de Pintanxo e A Maxia da Terra.
O Villa de Pitanxo, de José Manuel Solla Santos, é “unha homenaxe aos mariñeiros que faenan nas augas de Terranova e un berro por aclarar a verdade dese terrible naufraxio”.
A Maxia da Terra, de Isabel Peleteiro Vázquez, é “unha mirada ás mulleres que saíron cara América, unha revisión en feminino da emigración de ultramar”.
Na presentación deste xoves en Foz estarán os dous autores, anuncia Librería Bahía.