micoloxía

Etiquetas:
17/11/2025

Alfoz acollerá un obradoiro de micoloxía este sábado, día 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas.

“Se che apaixona o mundo dos cogomelos, non perdas esta oportunidade!

No concello de Alfoz e con saída ao campo para aprender a identificar e estudar cogomelos no seu hábitat natural”, anuncia o Concello de Alfoz.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse a través do teléfono 982.57.12.70  de 15:00 a 20:30 horas.

04/11/2025

O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acolle unhas xornadas micolóxicas este mércores, día 5 de novembro.

Ás 09:00 horas haberá unha charla sobre o mundo micolóxico a cargo de Nicolás Santos Aparicio, licenciado en Ciencias Xeolóxicas. E ás 14:30 horas terá lugar unha degustación de cogomelos.

O IES de Foz destaca que “estas xornadas son un referente no centro e participa toda a comunidade educativa, tanto nas charlas, saídas ao monte, exposicións, ...”.

02/11/2024

A publicación titulada Guía micolóxica básica da provincia de Lugo será presentada na Librería Bahía, de Foz, o día 6 de novembro, mércores, ás 20:30 horas. Participarán no acto os seus autores, que son Julián Alonso Díaz, José Castro Ferreiro, María Cristina García-Echave Puente e Antonio Rigueiro Rodríguez.

Librería Bahía anuncia: “o vindeiro mércores, día 6 de novembro, acollemos na libraría Bahía a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo, en colaboración coa asociación Os Bolouros, de Foz, e a Asociación Micolóxica Lucus, de Lugo. Estarán con nós os autores. Trátase dunha guía sinxela para poder identificar con claridade as especies de cogomelos que podemos encontrar na nosa provincia, moi interesante, por tanto, tanto para quen xa son afeccionados á identificación de cogomelos, coma para quen queren introducirse...

leer más