
Alfoz acollerá un obradoiro de micoloxía este sábado, día 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas.
“Se che apaixona o mundo dos cogomelos, non perdas esta oportunidade!
No concello de Alfoz e con saída ao campo para aprender a identificar e estudar cogomelos no seu hábitat natural”, anuncia o Concello de Alfoz.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse a través do teléfono 982.57.12.70 de 15:00 a 20:30 horas.


