Manualidades
O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que se desenvolverá na Sala Anexa da Casa da Cultura os mércores a partir das 16:30 horas. A duración desta actividade está prevista dende o día 08 outubro de 2025 ata o 17 de xuño de 2026.
O prazo de solicitude para participar está aberto ata o martes 30 de setembro. As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:30 horas) ou na Casa da Cultura do Concello de o Valadouro.
O Concello de Alfoz informa á veciñanza que a partir do 25 de setembro e ata o 1 de outubro permanecerá aberto o prazo para inscribirse no taller de manualidades, que se desenvolverá dende o 6 de outubro ata xuño na OMIX da Casa da Cultura os luns de 16:30 a 19 horas.
“Este taller está dirixido a todas aquelas persoas adultas que desexen explorar a súa creatividade e aprender novas técnicas artesanais nun ambiente ameno e colaborativo. O taller incluirá actividades diversas, adaptadas a diferentes niveis de habilidade, co obxectivo de fomentar a expresión artística e a socialización entre os participantes. A iniciativa forma parte da dedicación do Concello de Alfoz por promover o benestar da súa cidadanía, proporcionando espazos de aprendizaxe e convivencia que contribúan ao desenvolvemento persoal e á cohesión veciñal. As prazas son...
leer másO Concello de Alfoz ofrece un taller de manualidades para persoas adultas desde o día 21 de outubro ata maio.
Os participantes poderán realizar esta actividade os luns ou os xoves, os dous días de 16:30 a 18:30 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que está na Casa da Cultural de Alfoz.
As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse están aberto ata o 17 de outubro nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz.
Este mércores, 22 de maio, desenvolverase unha nova actividade enmarcada no programa denominado “Coida Cervo, Cervo ao carón do voluntariado”. Será na Casa do Mar, en San Ciprián, de 17:30 a 19:30 horas e consistirá nunha actividade de manualidades con material de refugallo: plástico, vidro e cartón.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de San Ciprián.
O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal (Antigo Matadoiro) a partir do 7 de novembro ás 16:00 horas.
A duración das actividades está prevista dende o 7 de novembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024. O prazo de solicitude iníciase este luns, 30 de outubro.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09:00 a 20:30.
As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.
leer más