
Este luns, día 2 de marzo, fíxose efectivo o traspaso da Librería Bahía, de Foz, que pasa a Cristina Lagares, nova propietaria e xestora do negocio. E por iso celebrarán un evento este venres, día 6 de marzo.
“Cremos que a continuidade e o cambio nunha librería emblemática e cunha traxectoria tan dilatada como a Librería Bahía merece unha celebración de despedida de Cielo, que se vai, e benvida de Cristina, que chega. Por iso queremos celebrar este acontecemento, cun acto que vai ter lugar na libraría o venres día 6 de marzo ás 20:30 horas e no que contaremos cunha sesión de narración oral a cargo de Charo Pita e co acompañamento de excelentes músicos focegos como son Javi Mañente, javi García, Juan Nécega e Inés Nécega”, anuncia Librería Bahía, que engade: “o acto é aberto para todo o público que nos queira acompañar”.


