Travesía
Foz acollerá o sábado, 15 de xuño, a 62ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak de Foz. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación da competición, que segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal.
A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coa participación de 216 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, masculina e feminina, de 20 clubs de Galiza, na grande maioría, pero tamén de Asturias e Madrid. O Club Ría de Betanzos, con 32 palistas e 21 embarcacións, e o Club Náutico de Cobres, con 25 palistas e 19 embarcacións son os que contarán con maior representación na competición, na que tamén tomarán parte os anfitrións, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruan de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel....
leer másA asociación Sendeiros de Foz organiza a última andaina para este verán. Esta será unha travesía de 13 kms polo cordal dos montes do Buio o sábado 26 de agosto. O punto de encontro terá lugar no Cenor Belianorte de Foz ás 9 da mañá.
Os organizadores comentan que a dificultade da ruta será media e aconsellan levar calzado con debuxo e bastóns para as zonas de pendente con grava solta.
Como noutras ocasións, é obrigatorio anotarse de antemán. Neste caso poderá facerse ata o 24 de agosto nos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es ; onde tamén poderase recibir información adicional. Ademais os non federados deben pagar 5 euros.
O 2 de xullo celébrase a LX Travesía Ría de Foz, que reunirá a preto de 300 padexeiros e padexeiras.
Hoxe presentouse a LX Travesía Ría de Foz, que se celebrará mañá sábado, 2 de xullo, a partir das 17:30h.
Na presentación participaron Xoel García Neira, 8º clasificado en K1 200m e Iago García Martínez, campión en K4 500m nos europeos celebrados a pasada semana en Belgrado.
O tenente alcalde, Fco. Javier Fanego, e o concelleiro Iago Villamil, agasallaron a estes grandes deportistas focegos cun pequeno obsequio e animáronos a continuar coa súa fenomenal traxectoria, admirada por todas/os. Tamén lle agradeceron a Ignacio Romillo, presidente do Club Kayak de Foz, o gran traballo que realizan durante todo o ano coa mocidade e a coidada organización da lonxeva Travesía Ría de Foz.
Mañá sábado Foz poderá gozar do piragüismo a partir das 17:30 horas nunha ría que se encherá con case 300...
leer másO deputado de Deportes Efrén Castro participou na presentación da 58 edición da proba de piraguismo Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas.
A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias.
O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.
O acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo, mais aló do deportivo. “Historicamente todas as directivas do clbu foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de...
leer másA Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina a 57 edición da Travesía Náutica de Foz, que este domingo, 25 de agosto, aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.
A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos, todas en distancias de 1200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.
O delegado aproveitou a súa intervención para gabar o traballo que desenvolve o club Kayak de Foz, anfitrión do encontro, que se destaca por ser berce de palistas moi destacados como o campión galego Xoel García (campión de España xuvenil e que recentemente participou no mundial de Bulgaria) ou Iago García (que...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou no Club Kayak de Foz, a 56 edición da Travesía de Foz, que terá lugar este sábado, 8 de setembro, a partir das 16:30 horas.O evento deportivo reunirá a preto de 400 padexeiros, competindo en máis de 250 embarcacións de 30 equipos, chegados de toda Galicia e de Asturias. Na presentación tamén participouo Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, xunto a outras autoridades.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega 7.000 euros. Este investimento permite aorganización desta tradicional Travesía, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.
Campos Conde...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou a 55 edición da Travesía de Foz, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de xuño e que reunirá a preto de 500 palistas chegados de toda a xeografía galega e de Asturias. Fíxoo acompañado do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García, e o Presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, entre outras autoridades.
O Goberno da Deputación achega 7.000 euros para a celebración da Travesía de Foz, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón,veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.
Rivera Capón destacou que “un ano máis a Deputación de Lugo é a principal patrocinadora desta Travesía, renovando deste xeito a nosa aposta pola proba...
leer más