Amado Lar
A asociación cultural Amado Lar, do Valadouro, celebra o seu 40 aniversario cunha cea baile, que terá lugar no pavillón municipal o día 22 de novembro, sábado, ás 22:00 horas.
Estará amenizada coa música da discoteca móbil Eventec e a data límite para anotarse é o 16 de novembro.
A XXXV Mostra Folclórica do Valadouro celebrarase este domingo, día 31 de agosto, na Praza de Santa María a partir das 19:00 horas.
Está organizada pola asociación cultural Amado Lar, que compartirá escenario neste evento coa agrupación folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros).
“Haberá sorpresas, en decembro cumprimos 40 anos e durante a mostra faremos un pequeno acto conmemorativo”, anuncia a asociación Amado Lar.
A asociación cultural Amado Lar, do Valadouro, organiza unha comida baile que se celebrará o día 1 de decembro, domingo, ás 14:00 horas no Bar Asturias, en Ferreira do Valadouro.
A organización anuncia que “o menú estará composto por callos, codillo, bebida, postre e café. Haberá un prato alternativo ós callos”. Os prezos son: socios e alumnos, 20 euros por persoa (os socios poderán levar un acompañante); non socios, 25 euros por persoa; nenos ata 10 anos, 15 euros cada un (incluídos os alumnos).
O evento estará amenizado por Juan de Celsa.
As prazas son limitadas e a data límite para anotarse é o 26 de novembro.
O festival folclórico infantil titulado A Mostra Cativa do Valadouro celebrarase en Ferreira o domingo 16 de xuño. Será ás 18:30 horas na Praza de Santa María.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural Amado Lar, que actuará no festival xunto a grupos da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, de Burela, e da Agrupación O Feitizo, de Foz.
“Agardámosvos a todos para disfrutar das actuacións que nos teñen preparadas os máis cativos. Agradecer tamén de antemán a colaboración da Concellería de Cultura do Valadouro”, manifestan os organizadores.