Chavín

01/05/2025

A parroquia de Chavín, no concello de Viveiro, celebrará as festas da Santa Cruz esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú prolongada co dúo Zafiro.

O campo da festa contará con carpa.