Chavín, en Viveiro, celebra as festas da Santa Cruz esta fin de semana, días 2 e 3 de maio

A parroquia de Chavín, no municipio de Viveiro, celebrará as festas da San Cruz esta fin de semana, días 2 e 3 de maio.

As actividades comezarán o sábado 2 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ademais haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo JB Son.

E o domingo 3 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E a continuación empezará unha sesión vermú prolongada co dúo Primera Línea.

Haberá carpa instalada no campo da festa.