fútbol praia

Etiquetas:
09/07/2025

Burela acollerá un torneo de fútbol praia nas categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. Será os días 14 e 15 de xullo, luns e martes, a partir das 19:30 horas.

 “Por segundo verán consecutivo, desde o Concello de Burela, xunto co club SD Burela, presentamos este emocionante torneo de fútbol praia. O ano pasado gozamos dun ambiente espectacular en todas as categorías, cunha gran afluencia de público que encheu de vida a nosa praia urbana. Apunta na axenda os días 14 e 15 de xuño para disfrutar desta festa deportiva no entorno da praia. Inscricións abertas: escanea o código QR e anota o teu equipo!”, anuncia o Concello de Burela.

Etiquetas:
05/07/2024

O Concello de Burela presenta o seu Torneo de Fútbol Praia Urbana, organizado xunto á Sociedade Deportiva Burela, que terá lugar os días 10 e 11 de xullo, mércores e xoves.

As inscricións presenciais no evento serán o propio día 10 de xullo, mércores, a partir das 19:00 horas, e a competición comezará ás 19:30 horas. Haberá categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.

Esta competición fai parte da programación deportiva de verán do Concello de Burela, que inclúe tamén torneos de fútbol 3x3, básket 3x3, o programa Verán Burela ou a Carreira Burela Bonita.

"Estamos encantados de recuperar un evento como o torneo de fútbol praia, que todos os membros da directiva da SD Burela desfrutamos cando eramos pequenos e que agora poderán volver a disfrutar os nenos e nenas de Burela", sinala o...

leer más